O secretario xeral de Industria asistirá pola tarde a reunión de segumento do acordo de Alcoa. O encontro celebrarase nesta ocasión en San Cibrao. Analizaranse o avance dos proxectos eólicos pra rebaixar a factura eléctrica da planta.
Galicia está lonxe de cumprir co obxectivo de contar en 2030 co 25 por cento da superficie agraria certificada en ecolóxico. Agora aínda non pasamos do 5 por cento a metade da certificada de media en España.
Pide prioridade máxima para atallara instalación aquí de laboratorios de fabricación de cocaína. O presidente Fundación galega contra o narcotráfico di que sería un salto cualitativo moi perigoso.
A metade das empresas, institucións e autónomos do sector cultural aumentaron a súa facturación o ano pasado. As mellores cifras tenas a música, o cine, o teatro e a danza. Os menores incrementos rexístranse en todo o vencellado ó papel.
O tempo... tras unha mañá de nubes fóronse abrindo claros.