Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/05/21 20/05/2021 50:02

Un de cada catro galegos está xa inmunizado contra a Covid, e a situación sanitaria segue a manterse estable. O Sergas recomendará completa-las pautas cunha segunda dose de Astrazéneca.

Comeza a preparación dun novo curso escolar no que a pandemia aínda non terá rematado. Os sindicatos temen que a redución de distancia entre pupitres supoña a fin dos profesores de reforzo.
 
A xustiza suspende tódalas actuacións relativas ó pazo de Meirás ata que se aclare se os mobles forman parte das propiedades que a familia Franco debe devolver ó Estado.

Por primeira vez unha muller vai dirixir o sindicato CC.OO. en Galicia. Amelia Pérez sustituirá a Ramón Sarmiento, que hoxe anunciou por sorpresa que retira a súa candidatura á reelección.

A Audiencia Nacional revisa hoxe se Aluibérica incumpriu, como din os traballadores, o acordo do expediente de regulación asinado en 2018.

No tempo, día de verán, pero pola noite volven a chuvias.

Galicia Informativos
Más opciones