Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/06/23 20/06/2023 45:05

Despois de 8 meses de testemuñas, peritos e declaracións o xuizo polo accidente do Alvia entra na fase de conclusións, e con ela a primeira sorpresa. O fiscal considera que o ex-director de seguridade de ADIF non tivo responsabilidade na morte de 80 persoas hai case 10 anos. Entende que os riscos da vía se estimaron tolerables baixo as normas vixentes no momento, e retira a petición de pena pra Andrés Cortabitarte. As víctimas ven ordes do Estado nesta decisión, que supón, din, defender que as medidas de seguridade, ou a súa falta, non teñen importancia. O sindicato de maquinistas amosa tamén a súa decepción.
 

Galicia Informativos
Más opciones