Os brigadistas que loitan contra o lume denuncian situación grave e caótica.
Aseguran que fan xornadas de máis de doce hors seguidas, nalgúns casos sen auga nin comida.
Abriu ó tráfico un novo desvío desde a A-6 á nacional sexta para facilitar o paso por Pedrafita debido ó corte da autovía.
O enlace supón unha reduccion do tempo de paso, pero non elimina o tránsito polo pobo.
11 concellos de Ferrolterra únense en defensa do transporte público por estrada.
Esta tarde van realizar cncentracións simultáneas para protestar pola supresión de rutas e reducción de frecuencias.
O banco marisqueiro da Marxa, en Cabo de Cruz, tardará dous anos en recuperarse polas obras de instalación dunha tubaxe pola empresa Mejillones Sabor de Mar.
O patrón maior da Confraría, que xa presentou unha denuncia, dí que varios centos de persoas quedarán sen traballo.
O tempo. Volve a dominar o sol e soben as temperturas.