Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/08/21 20/08/2021 30:06

Adiántase a vacinación de rapaces de 12 e 13 anos, pra que cheguen ó inicio de curso protexidos. Recibirán hoxe a citación pra recibi-la picada a partir do luns. Terán que levar unha autorización paterna.

Esperanza de que o expediente a Naturgy e Iberdrola sexa un primeiro paso pra poñer coto ó baleirado de encoros. Temen danos no ecosistema, pero tamén falta de auga pra atender emerxencias.

Advirten do mal estado das augas costeiras das Rías Baixas. Un informe do Ministerio de Transición Ecolóxica alerta da presenza de contaminación orgánica e química en puntos da Ria de Arousa e da de Vigo.

As autocaravanas viven un dos seus veráns máis activos.
Aumentaron un 40% anual nos últimos tempos. Hai 130 areas reservadas pra eles, pero non todos as respetan.

Stellantis terá que volver a parar a vindeira semana. A antiga PSA convocou de urxencia ós traballadores pra anunciar a parada de todalas quendas dende o luns.

Galicia Informativos
Más opciones