O sector pesqueiro galego non obtivo palabras tranquilizadoras do comisario europeo de pesca. Os dous asuntos que máis preocupan, que depende da Unión Europea, seguen sobre a mesa: a posible eliminación das axudas ó gasóleo ou o regulamento de control da pesca.
O grego Sinkevicios escoitou as demandas do sector e únicamente se mostru aberto a axustar a lexislación a aspectos específicos como o que se dan en Galicia.
Dirección e sindicatos de Stellantis negocian a modificación das condicións de traballo por mor da desaparición temporal da cuarta quenda, a de fin de semana.
Baixan tódo-los indicadores da pandemia.
Os casos activos xa pasan pouco dos dous mil, hai catro persoas menos hospitalizadas e detectáronse 61 novos contaxios
En Lugo, os feirantes concentráronse diante do concello pra que lles expliquen porque non poden traballar no San Froilan cando si o fan noutras cidades.