A decisión do Goberno de manter operativos dous dos catro grupos da central térmica das Pontes non tranquiliza ós traballadores. Aseguran que a medida só trata de garantir o subministro eléctrico este inverno e, mentres, non avanzan os proxectos alternativos presentados.
Adega denuncia a implantación caótica de eólicos sen as debidas consideracións ambientais. Xunto a outras entidades vén de presentar unha demanda no Supremo contra o plan nacional de enerxía e clima
Nova operación antidroga na comarca do Salnés. As pescudas van dirixidas contra unha organización que se dedica ó tráfico de heroína.
En Ferrol, a demanda do histórico sindicalista Rafael Pillado contra Navantia chegou hoxe ó xulgado. Busca que a empresa recoñeza que o cancro que padece foi provocado pola exposición ao amianto.