Pendentes da decisión do Tribunal Supremo sobre o ERE de Alcoa. Os maxistrados deliberan sobre o recurso presentado pola multinacional contra o fallo do Tribunal Superior de Galicia que anulou o expediente que pretende pechar a fábrica de aluminio e despedir a máis de 600 traballadores.
Os comités ENCE lembran que a Audiencia Nacional non ten a última palabra sobre a permanencia da pasteira na ría de Pontevedra. Consideran fóra de lugar a declaración do Ministerio de Transición Ecolóxica que se refería a unha demolición ordenada da pasteira.
Nestes días, os maiores de 80 anos van ser convocados para poñerlles a dose de reforzo contra a COVID. Acudirán desde o luns. Nos centros de saúde ofreceranlles tamén a vacina da gripe.
Amas e Amos de Casa da Coruña propoñen cotizar para ter dereito a unha xubilación. Trátase de crear un réxime especial, semellante ó dos autónomos, para cobrar unha pensión contributiva.
Diversos colectivos súmanse en Galicia á semana de actividades para reivindicar un tren social, público e sostible. Reclaman a recuperación de liñas e paradas suprimidas, para que o tren sexa unha alternativa ó coche.