Amplio despregue de medios desde GAlicia e Castela e León pra tratar de localizar unha avioneta á que se lle perdeu o rastro cando viaxaba dende Lugo cara Andalucía. Fora parte do dispositivo de incendios da Xunta, epro non estaba operativa. O mal tempo está a complica-la busca. De feito suspendeuse na zona ourensá... Os esforzos centranse nun triángulo entre Lugo-Ourense e Zamora, os lugares onde se perdeu aconexión coa avioneta e onde se localizou o último sinal do móbil do piloto, o único ocupante do aparello
- O mesmo día no que a Xunta entregou no Parlamento o proxecto de orzamentos, a CIG mobilizouse en Santiago.
- Denuncia que non recollen ningún complemento salarial en Galicia para compensar o diferencial no IPC e a perda de poder adquisitivos nos últimos anos.
- Foi a comisaria de igualdade e non do de pesca o encargado de defender no Parlamento europeo o veto a pesca de fondo nun cento de áreas mariñas do atlántico.
Dixo que agardou varios anos, sen éxito, polos informes científicos e socioeconómicos de España.
- Comeza a desbloquearse a acumulación de coches nos depósitos de Stellantis en Vigo e o Porriño.
Hoxe xa carga o primeiro buque. A dirección agardan que nas vindeiras xornadas se normalice a situación.
- A Fundación Barrié da Coruña acolle en primicia para Europa "Buda e Shiva, Loto e Dragón".
Unha mostra de 68 pezas de arte asiática datadas entre o século VI antes de Cristo e o XIX. Poden visitarse dende hoxe ata o 22 de xaneiro