Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 20/10/23
20/10/2023
44:10
O tren de borrascas que barre Galicia dende o xoves deixa xa máis de 600 incidencias atendidas polos servizos de emerxencias. Só nas últimas horas, co paso de Aline e os seus fortes ventos, sumárosne 170 máis. A meirande parte, nesta ocasión por caída de ramas e árbores, con Vigo, Santiago e a Coruña coma as localidades máis afectadas.
Non hai que lamentar danos persoais, pero sí moita complicación no principal acceso a Galicia, a autovía A6.. Segue cortada e co tráfico en dirección COruña desviado á altura de Becerreá tralo derrbamento dun noiro a pasada tarde. E por se fora pouco, un accidente provocou que o desvío pola nacional á altura do viaducto do Castro tamén tivera que ser cortado esta mañá.