Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 20/12/22
20/12/2022
25:05
Paso definitivo dos orzamentos galegos para 2023. Está en marcha o pleno do Parlamento e estamos pendentes da votación que, se non hai sorpresas, permitirá a aprobación das contas grazas á maioría absoluta dos populares. A Xunta insiste: os máis de 12 mil millóns de euros convértenos nos máis elevados da historia. A oposición critica falta de investimento en servizos públicos e axuda ás familias con menos recursos.
Por certo que estamos pendentes dunha nova operación contra o narcotráfico en Galicia. A Garda Civil está a realizar rexistros en domicilios de varias localidades das provincia da Coruña, Ourense e Pontevedra, entre elas Vigo. Algunhas fontes falan de máis 10 persoas detidas