Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 21/12/23
21/12/2023
09:58
Despexouse a incógnita da data de celebración das eleccións autonómicas galegas. Serán dentro de pouco menos de dous meses, o domingo 18 de Febreiro. Van cadrar en plenas festas do Entroido. Alfonso Rueda consultou ao seu antecesor na Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen xa avanzou que se vai volcar na campaña.
A oposición está preparada. Tanto BNG como os socialistas teñen proclamados aos seus candidatos: Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro, respeitivamente. Sumar Galicia recoñeceu esta tarde que vai ter que acelerar os prazos para contar cun cabeza de cartel electoral en poucas semanas.