Día de folga no sector da conserva de peixe, que emprega a milleiros de galegos... Levan máis dun ano negociando o novo convenio estatal, pero non hai avances en materias importantes coma a salarial. Os sindicatos insisten en eliminar a discriminación que sofren as mulleres, porque as categorías nas que son contratadas teñen nóminas moito menores que as dos homes. A patronal nega a fenda salarial, e asegura que non pode ceder máis nos salarios sen compromete-lo futuro das empresas...
- Descenden os contaxios aínda que continúa por riba dos seis mil.
Tamén baixan as hospitalizacións: hai 32 pacientes menos ingresados en planta, pero 4 máis en coidados intensivos.
- Sanidade anuncia que o martes tra-lo comité clínico se publicará o protocolo que se aplicará no antroido.
O conselleiro só avanzou en Ourense a reducción de comensales de 15 a 10 persoas.
- O ano pasado realizáronse case 300 transplantes en Galicia.
Unha actividade qude permitiu rebaixar a lista de espera para recibir un órgano. En 2021 cumpríronse corenta anos do primeiro transplante de ril en Galicia
- Reactívase a investigación xudicial pola gravacións de mulleres ouriñando na rúa nas festas da Maruxaina.
O xulgado de Viveiro comezou a tomar declaración, a instancias da Audiencia provincial, a parte das denunciantes.