Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 21/03/22 21/03/2022 44:57

Oitavo día de paro dos transportistas, hoxe con caravanas nas que ducias de camións irromperon nas principais cidades galegas. Son conscientes de que este paro patronal agrava os problemas doutros sectores pero aseguran que é a súa única forma de reclamar solucións ás subas do gasoil. Ou cando menos que os escoiten, porque hoxe o colectivo convocante volveu a non ter representación na reunión coa ministra do ramo. Mentres, o campo denuncia que son reféns dunha guerra entre pobres, e piden fórmulas que garantan a alimentación dos animais e a saída do seu produto.

Galicia Informativos
Más opciones