Os sindicatos médicos non ven o acordo coa consellaría sobre as axendas de atención primaria tan preto coma o conselleiro. Cren que a cifra máxima de doentes por día debera ser máis baixa e que o texto debe servir pra decidir onde cómpren médicos de reforzo, non pra pagar prolongacións de xornada.
Rematan os traballos de reparación na pista de Peinador. O aeroporto estará operativo a partir das catro desta tarde tras 5 voos cancelados e 4 desviados a Santiago durante a mañá
Os axentes forestais e medioambientais galegos piden medios pra se protexeren no monte. Reclaman chalecos e armas cos que facer fronte a posibles situacións perigosas cos furtivos, e formar parte do protocolo do 112
Denuncian o abandono do Centro de Atención aos Maiores do concello ourensán de Taboadela. Traballadores e dirección alertan de filtracións de auga que danan a instalación eléctrica ou inutilizan o ascensor. A Xunta asegura que a responsabilidade é do concello, titular do inmoble
No tempo, hoxe agardamos poucos cambios...