A aprobación da vacina de Janssen permitirá acelerar a vacinación de grandes dependentes e mariñeiros. acelérase o proceso pra chegar a xuño coa poboación maior de 60 anos vacinada. Con miras a retomar a normalidade en sectores coma o ocio nocturno.
SOS Sanidade Pública convoca concentracións ás 8 da tarde para reclamar ó SERGAS atención presencial en Primaria. Xeralizar a atención telemática só beneficia ó sector privado.
O desmantelamento da central térmica das Pontes pódese adiar ata un ano. O ministerio de transición ecolóxica obriga á central a realizar avaliación ambiental ordinaria, e non abreviada, pra este proceso.
Non haberá mocion de censura en Ourense para sacar da alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome. O Partido Popular esixe que o socialista Rafa Villarino renuncie a súa acta de concelleiro. O portavoz socialista xa aclarou que non o vai facer.
Alertan sobre os riscos de investir en criptomoedas sen informarse axeitadamente. As compras deben facerse sen intermediarios. A unha veciña de Sarria estafáronlle 47 mil euros con ese pretexto.
Tempo. Quedamos na influencia dunha borrasca situada ó oeste de Fisterra...