O Goberno non aportou ningún informe que apoie a tese de que España non ten medios para chegar ó Villa de Pitanxo. É o que din os familiares dos mariñeiros mortos que esta mañá asistiron o pleno do concello de Pontevedra que instou ó Goberno a acomete-la operación.
A asociación galega de depuradoras crítica un informe de costas que aconsella trasladar tres depuradoras de Cambados. O sector insiste en que as depuradoras precisan captar auga do mar e non poden situarse lonxe da costa.
Indignación entre os profesores de Música ante o novo currículo da nova lei educativa en Galicia. A Asociación de Profesorado Galego considera preocupante que non se oferte esta materia como optativa no Bacharaleto.
Caravana de coches por Santiago contra a temperalidade na administración autonómica. Os sindicatos reclaman a consolidación das prazas e un concurso de méritos xusto para este colectivo.
O tempo. Pola tarde volven as chuvias...entrarán polo oeste pero vanse ir estendendo.