Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 21/05/21 21/05/2021 49:42

Dúas semanas despois da fin do Estado de Alarma, a pandemia segue baixo control en Galicia. Algo que permite ampliar a máis locais a apertura ata a unha da mañá, e levanta-lo peche perimetral dos tres concellos afectados ate o de agora. No lado negativo Lobios entra en nivel máximo.

A Xunta e o Goberno central buscan un acordo extraprocesual sobre a lei de saúde de Galicia.

Un xulgado de Ourense condena ao Servizo galego de Saúde pola contratación irregular dunha enfermeira.

A crise dos semiconductores paraliza a actividade de Stellantis ata novo aviso. Dende o luns comezará a aplicarse o previsto no ERTE.

Laza volveu tremer a pasada medianoite. Rexistrou o terremoto máis importante dos últimos 20 anos en Galicia.

En Ourense, mobilización esta tarde en defensa da Universidade Popular, para evitar que o alcalde, Gonzalo Pérez Jacome, desmantele esta institución formativa con 100 anos de historia.

Galicia Informativos
Más opciones