A retirada da mascara ó aire libre podería non ser absoluta en Galicia. O presidente adianta que en ocasións será preciso levala. É unha das cuestións que analizará o comité clínico esta semana.
Denuncian que o Sergas vai pechar máis de 700 camas hospitalarias nos meses de verán. A asociación pra defensa da sanidade pública cré que incrementará a mortalidade de doentes que agardan atención trala parálise provocada pola pandemia.
O BNG considera que o plan eólico da Xunta ameaza o medio rural. Considera que inciativas empresariais como a da Casa Grande de Xanceda, que hoxe visitou, están en perigo.
Concentración en Pontevedra de veciños de Teis e Chapela para esixir que se suprima xa a peaxe entre Vigo e Redondela.
O sector da fotografía ve en perigo o seu negocio, en plena pandemia, coa chegada do novo DNI. No novo carné de identidade as instantáneas faranse nas propias comisarías.
No tempo de entrevista, coñecemos o labor da oenegué IGAXES, que apoia ós menores en risco de exclusión na súa transición á vida adulta.