Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 21/09/21 21/09/2021 45:01

Desde mañá xa non se poden cazar lobos. Hoxe o Boe publica a orde correspondente. A Xunta e as outras comunidades cántabras anuncia un recurso ante o Supremo e piden que ata que non se sustancie se suspenda a súa aplicación. Consideran que o lobo non é unha especie en perigo e que os grandes prexudicados son os gandeiros, porque coa nova norma, decae o plan de xestión da Xunta e as axudas por danos xa dependerán do ministerio.
No lado o posto están os colectivos ambientalistas que acolleron con satisfacción este aumento da protección do lobo.
Comezou a aplicarse a terceira dose da vacina contra a COVID nas residencias.

A Xunta chamará agora un por un a aqueles galegos que aínda non recibiron ningunha dose, segundo anunciou a directora xeral de saúde pública, Carme Durán.

No Congreso dos Deputados, hoxe constitúese a ponencia que detallará as condicios nas que debe facerse o traspaso da AP-9 a Galicia.

Pero esa unidade xa non existe. O BNG dirixe as súas críticas ó PSOE que agora fala de ceder a xestión e non a titularidade da Autopista do Atlántico.

- presidente de Navantia anuncia que en marzo pode empezar a construcción das fragatas F-110.

Declaracions de Ricardo Dominguez durante a inauguración do Centro Excelencia Sector Naval de Siemens, que axudará á dixitalización dos estaleiros.

Galicia Informativos
Más opciones