Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 21/09/22 21/09/2022 44:48

En Santiago, reunión da dirección e os sindicatos de Finsa. Negocia un ERTE para case a metade dos 3.300 traballadores que a madereira ten en Rábade, Padrón, Ourense e Santiago.

A Xunta vén de presentar o primeiro plan galego contra a trata de persoas elaborado coa colaboración dunha ducia de Onegués. Un plan que está enfocado sobre todo á protección das mulleres e nenas que son as principais víctimas de explotación sexual.

Mañá está previsto que pasen a disposición xudicial ás persoas detidas nunha operación contra o tráfico de heroína centrada no Salnés. O novo comisario de policía de Pontevedra confirmou que houbo tres arrestos nesta fase da investigación e cre que non será a última.

Alfonso Rueda reclama para Galicia a futura sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artifical. O presidente da Xunta participou esta mañá en Santiago na inauguración do supercomputador Finisterrae III.

O tempo. Non hai cambios sol e temperaturas altas hai que aproveitar porque vai ir mudando cara a fin de semana.

Galicia Informativos
Más opciones