Santiago acolle un cumio titulado "O futuro do traballo e o diálogo social". Participa a titular Traballo, Yolanda Díaz, así coma ministros doutros países da Unión, empresarios e sindicatos.
A chamada "covid" das vacas chegou xa a dúas granxas da Capela e Abegondo. A mortandade é moi baixa pero a propagación é rápida. Non hai vacina pra esta infección.
Os pescadores galegos e da cornixa cantábrica insisten en pedir a anulación do Decreto que fixa ás áreas de explotación de eólica mariña. Agardan que en base a informes xurídicos o declaren nulo mentras o Supremo non se pronuncie, algo que poder tardar dous anos.
O ex-director xeral de Minas da Xunta Ángel Bernardo Tahoces comparece arestora como investigado en relación coa mina de San Finx, en Lousame. Impútaselle a autoría de informes que minimizan o impacto ambiental da explotación que se quere reactivar.