A Xunta desactivou a declaracion de emerxencia sanitaria. Así o acordou o goberno no seu consello semanal, segundo ven de comunicar o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O executivo considera que a situación epidemioloxica xa o permite e que, en todo caso, hai ferramentas para seguir actuando. A Xunta tamén decidiu hoxe permitir a máxima ocupación locais.
O delegado do goberno en Galicia agarda que Núñez Feijóo lle ofreza hoxe á ministra Teresa Ribera unha alternativa a actual ubicación de ENCE. Vanse reunir pola tarde en Madrid.
A Asociación Eólica de Galicia critica a moratoria da Xunta para solicitar novos proxectos a partir de xaneiro. Os grupos ecoloxistas cren que a medida chega tarde.
Comisións Obreiras denuncia o desmatelamento progresivo do sector ferroviario na provincia de Ourense.
Declara no xulgado unha curmá de Déborah Fernández e dous policías. A policía inspeccionou a finais de setembro o coche do principal sospeitoso da morte violenta, exparella da víctima.