A Ministra de industria agarda que o sector naval conte cuns mil millóns de euros de fondos europeos pra se modernizar. Así o asegurou hoxe en Vigo onde avanzaba detalles do PERTE do sector, que promoverá a construción de buques máis eficientes e sostibles e a adaptacón dos estaleiros a novos proxectos, coma a eólica mariña. E alí deu taménm unha boa nova prra Stellantis. Contará con 15 millóns de euros pro seu proxecto Aires
- A oposición acusa á Xunta de elaborar uns orzamentos enganosos e cheos de medias verdades.
BNG e PSOE coincidiron en poñe-lo exemplo da Sanidade: din que esta área non gaña peso realmente no conxunto das contas públicas se se desconta o factor da inflación.
- O ministro de Pesca lamenta que a Comisión Europea usara datos científicos sen actualizar no veto nun cento de áreas mariñas.
Luis Planas asegura que non está xustifica tanta premura e insistiu na presentación do recurso que -dixo- é complementario co que poidan interpoñer as empresas armadoras.
- A néboa limita a actuación dos medios aéreos na busca do piloto que desapareceu o mércores cando voaba de Galicia a Andalucía.
A área de busca vaise ampliar a Portugal. Ata agora non hai rastro da avioneta.
- Iniciativa para poñer fin o ritual de queimar botas e roupa.
Agora os peregrinos poderán reciclalos e recibir un obsequio a cambio, gracias a colaboración da comunidade de Aragón