Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 21/12/22
21/12/2022
25:05
Chámase 'sugar brown', azucre moreno, e é a última operación antidroga que se desenvolve en Galicia. Hai 16 persoas arrestadas, tres delas en Tenerife e que xa foron enviadas a prisión provisional comunicada e sen fianza polo xulgado de Vigo que leva o caso
A organización criminal utilizaba falsos pesqueiros para navegar polo Atlántico africano e cargar a droga. O barco apresado no porto canario de Santa Cruz tiña tres toneladas con destino a lanchas e outras embarcacións que as achegarían ás costas galegas. A investigación segue en marcha e implica varias localidades, a principal Vigo, tamén Cambados ou Vilanova.