O goberno galego prepara unha lei que obrigaría os promotores de proxectos de enerxías renovables a deixar unha maior pegada na nosa comunidade. Incluirá novos requisitos nas avaliacións de impacto que incluirán a creación de emprego ou os investimentos no territorio. Unha proposta que provocou a felicitación por parte do secretario xeral dos socialistas galegos, pero que o BNG cualifica de brinde ó vento. Lembra, como fan dende a plataforma "eólicos non así", que xa hai 77 co infore aprobado, e outros 150 en camiño, que aquí so deixarán impacto no medio amebiente
Satisfacción pola sentenza do Tribunal de Xustiza que manda abrir expediente sancionador a Monbús e Alsa por repartirse o mercado de concesións
Tras máis de 500 denuncias a asociación de transporte GALIBÚS indica que por fin se castiga o monopolio de Monbús que tantos problemas xera ós usuarios pola mala calidade do servizo
*Polo menos seis detidos e grandes cantidades de cocaína incautadas nunha nova operación antidroga na provincia de Pontevedra
Desartellouse un laboratorio de procesado de estupefacientes en Cerdedo-Cotobade... a investigación lévaa a Audiencia Nacional e esténdese a outras comunidades autónomas
* Preocupación no sector lácteo ante o atraso das ofertas das industrias cando están a piques de rematar os contratos vixentes
Unións Agrarias e Agromuralla lembran que están obrigadas a presentar oferta por escrito con dous meses de antelación. Temen que se estea creando outro cártel no sector
*O concello de Pontevedra confirma a presentación dun recurso ante o Constitucional contra a sentenza que avala a permanencia de ENCE en Lourizán
O alcalde, o nacionalista Fernández Lores, ve posibilidades de que prospere este recurso, que se suma ó da organización ecoloxista GREENPEACE