Galicia é, tras Asturias e Castela e León, a terceira comunidade con máis persoas con polo menos unha dose da vacina. Hoxe comezou a vacinación con Janssen, ós grandes dependentes.
Malestar dos mariñeiros ante o anuncio da ministra de sanidade, que rexeita adianta-la súa inmunización con esta marca.
Unha parte do sector hostaleiro, descontenta coa actual interlocución coa Xunta, acaba de fundar unha nova federación. Agrupa a catro mil empresarios de 13 asociacións.
En Pontevedra, Comisions Obreiras é o único que non quere falar da reubicación de Ence. O resto de sindicatos, incluso o presidente da compañía valoran estudar outras alternativas
Folga no sector da limpeza da provincia da Coruña. Denuncian as súas condicións precarias, a pesar de ser un colectivo esencial durante a pandemia, e a patronal lles ofrece unha suba miserenta.
O secretario xeral de industria rexeita a cláusula que Alcoa quere incorporar ó seu contrato de venda á Sepi da factoría de San Cibrao, que lle evitaría posibles reclamacións unha vez se peche a operación.
Xa está en prisión o home que o pasado luns agrediu a tres persoas e tentou guidarse desde un oitavo piso. Está acusado de tres delitos de lesións e outro de violación de morada.