Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/04/23 22/04/2023 30:05

Boa tarde...un home de 59 anos veciño de Muros, faleceu a pasada madrugada na súa vivienda. Polo de agora a Garda Civil non facilitou máis datos, pero a falta da confirmación do acontecido, algúns veciños cren que se podería tratar dun asasinato cometido polo fillo da víctima debido a unha discusión.

O rei emérito, Don Juan Carlos I de Borbón, está a participar co seu barco Bribón na regata que está a ter lugar en Sanxenxo. Trátase da súa segunda visita a España trala súa marcha a Abu Dabi. O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, quixo por en valor a labor do monarca dende a Transición e cre que hai que normalizar a súa visita á localidade.

E no tempo da entrevista, a nosa compañeira Alejandra López falará co director artístico do Encontro Mundial de Humorismo. Un festival de humor que comezará o vindeiro venres na cidade da Coruña.

De seguida estas e máis noticias, pero antes conectamos con MeteoGalicia pra coñecer a previsión do tempo pra este sábado 22 de abril.
 

Galicia Informativos
Más opciones