Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/06/21 22/06/2021 50:05

Os profesores de reforzo contratados para este curso non estarán o que vén. Así o confirma o conselleiro de Educación. Di que hai que irse adaptando á situación sanitaria.

O Parlamento de Galicia tramita, por unanimidade, unha modificacion da lei de violencia de xénero pra recoñecer o acoso dixital.

Intervidos 24 quilos de cocaína no porto de Vigo. As forzas de seguridade descubriron a droga nun colector sen precinto

Mobilizacións en Caixa Bank polo ERE que en Galicia afecta a un cento de traballadores. Consideran que os despedimentos non están xustificados, xa que a entidade ten beneficios millonarios.

No tempo de entrevista, achegámonos á orixe das vacinas, con Antonio López, descubridor da identidade de Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional da historia.

Galicia Informativos
Más opciones