Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/06/22 22/06/2022 09:56

Listaxes de agarda de máis de 15 días nalgúns centros de saúde, atención telefónica excesiva e precariedade laboral son algunhas das reclamacións de diferentes plataformas sanitarias, sindicatos e algunhas formacións políticas que presentaron no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular para mellorar a atención primaria.

Endesa confirma que a actividade na térmica das Pontes para desde mañá. O carbón dispoñible pra esta central está a piques de esgotarse e a maquinaria precisa melloras técnicas que non son rendibles. Seguen, iso si, agardando a autorización definitiva de peche.

Sobre o derrubamento na A6, o BNG e Galicia en Común piden explicacións no Congreso sobre a construción do viaduto, hai vinte anos, e os materiais empregados. Afirman que houbo irregularidades.

E atrásase a repatriación a España dos corpos dos dous mariñeiros falecidos no accidente do atuneiro Albacora Catro hai unha semana nas Seychelles.

Galicia Informativos
Más opciones