Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/08/21 22/08/2021 30:09

Baixan os contaxios de coronavirus.
Nas últimas 24 horas, detectaronse 560 novos positivos. Son 159 casos menos que no anterior rexistro do SERGAS.
O descenso no número de novos positivos chega logo de tres días consecutivos de suba.
Tamén se reduce o número de casos activos, as persoas enfermas.
Mantense, porén, a presión hospitalaria.

Comisións Obreiras alerta do recorte do número de rastrexadores da Xunta a partir do mes que vén: de 650 actuais a só 250.

Renfe continúa sen repoñer un de cada tres traxectos dos que suprimiu en Galicia cando comezou a pandemia, hai xa ano e medio. Os sindicato temen que se cancelen, definitivamente, ducias de conexións.

Deportes. Empate do Lugo no Anxo Carro diante da Real Sociedade B. Os lucenses levan dous empate no que vai de Liga.

Galicia Informativos
Más opciones