Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/09/22 22/09/2022 45:04

O goberno, as comunidades autónomas e o sector pesqueiro evidenciaron a súa unidade contra o veto en 87 áreas mariñas. Os armadores sinalan que moitas desas zonas non chegan ós 400 metros de profundidade, e outras teñen unha profundidade variable, o que pode causar inseguridade xurídica.

O BNG pídelle a Alfonso Rueda que envíe a oposición a documentación sobre os orzamentos, antes de presentalos o martes no Parlamento. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, fala dun debate trucado, que non se vai producir en igualdade de condicións.

O PSdeG asegura que se estan producindo esperas nunca vistas pra unha consulta en Atención primaria. O socialista González Formoso puxo como exemplo as carencias no centro de saúde da Parda, en Pontevedra e volveu preguntar polo destino que lle deu a Xunta a 159 millons que recibiu do Estado.

Demandan melloras no transporte ferroviario cadrando co día sen Coches.
Pola tarde hai prevista unha concentración diante da estación do tren da Coruña para esixir que sexa un medio de transporte competitivo.


O tempo. Semella que se vai preparando para a entrada do outono que chega a vindeira madrugada e van entrar algunhas nubes.

Galicia Informativos
Más opciones