Problemas de mobilidade hoxe en Vigo pola folga dos traballadores de Vitrasa. Unha nova mobilización para esixir á empresa que actualice os seus salarios e mellore as condicións laborais.
Directivos de Copo e representantes da comunidade de montes de Tameiga, en Mos, negocian un novo contrato de arrendamento dos terreos. Se a suba do aluguer é moi alta, a dirección da empresa asegura que estudará a posible deslocalización.
Un ourensá, afectado polo "cártel dos coches" cobrará o equivalente a un 10% do valor do vehículo. Unha xuíza do mercantil da Cidade das Burgas estimou o informe pericial presentado pola súa defensa.
Atopados os restos óseos dos catro fusilados de Bértoa. Agora faranlles as probas de ADN pra confirmar a súa identidade. Os traballos de exhumación continúan hoxe.
O tempo pola tarde aínda pode caer algún chuvasco, pero vaise ir impoñendo o anticiclón.