Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 22/10/21 22/10/2021 45:01

Xa entrou en vigor o decaemento da situación de emerxencia sanitaria, trala publicación no diario oficial de Galicia.... E esta noite amplíanse aforos e horarios na hostalaría

Os presidentes de Andalucía e Galicia defendeN que o financiamento autonómico se decida nunha xuntanza multilateral. Demandan un reparto de fondos equitativo para que os cidadáns poidan ter os mesmos servizos independentemente de onde vivan.

Protesta en Lugo de gandeiros polos baixos prezos da carne.
Chegados desde distintos concellos da provincia denunciaron que, unido ó incremento dos prezos de combustibles ou pensos, fai inviable a actividade.

Trala rebaixa nas peaxes da AP-9 a Xunta busca agora abarata-la AP-53. A autoestrada que une Santiago e Dozón, que é a máis cara de Galicia e que tamén depende do goberno central.

Na Coruña, as familias con nenos cun tratamento por cacro dispoñen dun piso pra evitar desprazamentos diarios ó hospital. nha iniciativa do programa A Radio Conta á que se sumou o concello coruñés.

Galicia Informativos
Más opciones