Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 22/10/23
22/10/2023
30:10
Unha dúcia de cidades e vilas galegas acolleron este mediodía concentracións convocadas pola Asociación Galiza por Palestina en apoio ao seu pobo. Denuncian crimes contra a humanidade na faixa de Gaza. Por certo que na de Santiago participou a portavoz estatal de Podemos, Isa Serra, entre outros líderes políticos de esquerda.
Mentras no Camiño de Santiago comeza a preocupar a praga de chinchas en albergues, pensións e pisos turísticos. Veñen nas mochilas dos peregrinos despois do incremento da presenza deste insectos nos seus lugares de procedencia, como París e Lisboa. É unha cuestión que mesmo se vai abordar nun foro da Ruta Xacobea que terá lugar os primeiros días de novembro en Santiago