Sanidade vailles propoñer esta tarde ós hostaleiros extender o pasaporte COVID a bares e restaurantes. César Ballesteros, presidente dos hostaleiros de Pontevedra, pide que a medida non afecte a bares e cafeterías.
O sector do automóbil maniféstase en Madrid. Demandar medidas ante a continua perda de emprego provocada, sobre todo, pola falta de semiconductores.
A moción de censura no Porriño vai camiño de concretarse. A alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, non ten intención de dimitir como esixe "Eu son", marca local de Esquerda Unida, para non apoiar ó PP.
Xa hai case 2.700 persoas enfermas de COVID. O número de pacientes hospitalizados sobe a 76, dos que 14 están en coidados intensivos.
O tempo. Virouse máis frío e mesmo fixo a aparición a neve.. na montaña de Lugo, nunhas zonas máis ca noutras, no concello da Fonsagrada xa está todo branco cunha fina capa e coas estradas limpas para poder circular.