Novo récord de positivos nun día desta sexta onda: 1.632, a metade máis que no reconto anterior.
O número de enfermos xa pasa de 17 mil, un milleiro máis que na xornada anterior. O dato positivo: nova reducción das hospitalizacións.
Novas protestas na provincia de Pontevedra pola mala situación da atención primaria.
En Marín, os veciños saíron de novo a rúa esta mañá para reclamar máis médicos e servizos; pola tarde haberá unha concentración en Lalín.
Unha veciña de Cortegada recoñece que matou a un home co que mantivera unha relación.
Xa estaba a ser investigada porque antes confesara ante un psiquiatra que se desfixera do corpo, aínda que lle dixo que o atopara morto.
O Concello de Poio faise coa xestión da Illa de Tambo, na ría de Pontevedra, tras un acordo con Defensa.
Ata o de agora, a illa era de uso exclusivo da Escola Naval de Marín, pero o Concello pretende facerse en poucos anos coa súa titularidade.