Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/01/25 23/01/2025 44:33

Crónica de Galicia - 23/01/25

Hoxe a actualidade pasa por novas que afectan directamente ó peto. Os pensionistas perden a suba aplicada en xaneiro despois de que decaese o decreto correspondente onte no Congreso. Algo que está a provocar moitas críticas da delegación do goberno e da oposición ó PP: acusan ós populares de priorizar o enfrontamento política no lugar de pensar na vida, no día a día, das persoas. Tampouco se manterán as bonificacións no transporte aínda que a Xunta comprométese a aplicar descontos naqueles medios nos que ten competencia

- O director de operacións de Stellantis trasladoulle ó comité de empresa os plans para a isntalación da nova plataforma de vehículos eléctricos.

Sustituirá á que produce o Peugeot 2008. Engadiulles, ademais, que haberá novos proxectos para a liña que fai as furgonetas industriais.

- En Camariñas, unha empresa especializada traballa para o traslado a porto da parte do narcosubmarino que está a frote á entrada da ría.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico alerta dun aumento das descargas de droga e pide máis medios xudiciais e policiais.

- Os oncólogos piden a incorporación do test de biopsia líquida para a selección de terapias en tódo-los hospitais.

Esta técnica permite coñecer que alteracións teñen os tumores e monitorizalos ao longo dos tratamentos.

- Facenda e sindicatos asinaron esta mañá un protocolo pra protexer ás empregadas públicas que sufran violencia de xénero.

O obxectivo é fomentar a cultura da 'tolerancia cero' na Xunta ante a violencia de xénero e recolle que pasos seguir si se denuncia un caso.

- O tempo. Hoxe con sol....

Galicia Informativos
Más opciones