Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/11/24 23/11/2024 30:07

Crónica de Galicia - 23/11/24

Cadena humana en Vigo para pedir unión nas políticas contra a violencia de xénero, compromiso a aumenta os recursos para as vítimas no rural... Son algunhas das mensaxes que nos deixa este sábado a dous días da xornada internacional de eliminación da violencia contra a muller.

Tamén actos dos partidos, de contado escoitamos as voces, incluida a dun dos candidatos a liderar o BNG, Gustavo Barcia, quen vén de presentar o seu proxecto.

Todo nunha mañá de reivindicacións no laboral: os traballadores de Alcoa esixen implicacións ó goberno central e galego.

E hai temporal costeiro, moito vento... De feito as fortes rachas poden ser as causantes da caída ó mar dunha das grúas de Navantia en Ferrol, despois de que impactase contra ela outra grúa dun buque en reparación. En todo caso, non houbo feridos e estase a investigar o incidente. Teñan moita precaución, está activo o aviso laranxa no mar na costa da Coruña

Galicia Informativos
Más opciones