Xornada de sábado en clave política. Tralo anuncio de adianto das elección autonómicas galegas, lembramos, pro 18 de febreiro, hoxe o lider dos populares en Galicia, Alfonso Rueda, presidia a xunta directiva do partido onde ademáis presentou o video de precampaña. Doutra banda, o tamén candidato á presidencia da Xunta, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, estaba hoxe en Pontevedra. De seguido escoitaremolos. e tamén falaremos do video de nadal que lanzou o BNG, avanzando unha Galicia mellor con Ana Pontón como presidenta.
Noutros temas, escoitaremos as reivindicacións das traballadoras da provincia da Coruña da cadea de perfumerias Arenal que volveron hoxe á folga-
No tempo de entrevista conversaremos con Lois Patiño, o cineasta galego que vén de estrear nos cines a sua última película, Samsara