Galicia Informativos
Crónica de Galicia - 23/01/21
23/01/2023
30:06
A Mariña de Lugo dividida en dous. A estrada Nacional 642 está cortada dende a pasada noite á altura da praia de Areoura, entre Burela e Foz, debido á auga acumulada polas últimas chuvias. Os alcaldes xa amosan a súa preocupación porque o corte pode durar varios días e porque non hai alternativas que garantan unha circulación en condicións nin do tráfico pesado nin, sobre todo, das urxencias sanitarias.
Onde mellora a situación é nos ríos. Agora mesmo só presentan risco de inundación o Miño nos Peares, Lugo, Ourense e Salvaterra; o Mendo en Betanzos, e o Tambre en Oroso.
Polo demais, probas MIR e outras especialidades sanitarias a partir desta tarde en Santiago e Vigo, e amplíanse os horarios de vacinación para a cuarta dose contra a covid