Remata a esta hora a manifestación contra os parques eólicos que dende este mediodía percorreu as rúas de Vigo. Congregou a case un cento de colectivos de toda Galicia.
Por outra banda, seguimos pendentes do corte da Nacional 642, entre Burela e Foz. Nas próximas horas podería haber novidades, unha vez que os técnicos avalíen o estado do firme e da drenaxe. De momento continúan habilitados os desvíos provisionais polas estradas locais e un paso especial para as ambulancias. Cortes tamén no tráfico ferroviario, ante o risco de desprendementos na zona.
E malia que xa non hai chuvias, hoxe aínda son catro os ríos en risco de desbordamento. Son o Miño, na Peroxa e Salvaterra; o Mero e o Mendo, en Betanzos; e o Tambre, en Oroso.
En portada, damos conta tamén dunha colisión múltiple entre seis vehículos que deixou tres feridos esta mañá no concello lucense de Castroverde