Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/02/22 23/02/2022 44:57

Na crise do PP, Alberto Núñez Feijóo gaña protagonismo. Varios dirixentes autonómicos, que se reunirán pola tarde con Pablo Casado, xa o citan como a persoas idónea pra toma-lo mando no Partido Popular no Congreso extaordinario que o martes convocará a Xunta directiva. Unha crise que tamén sobrevoou a sesión de control no parlamento galego, na que a oposición lle pedía a Feijóo que aclare o seu futuro político.

As familias do Villa de Pitanxo continúan reclamando que se reactive a busca oficial dos 12 mariñeiros desaparecidos en Terranova, unha tarefa que neste momento realizan de forma voluntaria 8 buques galegos coa colaboración de pesqueiros da NAFO. A federación internacional de transportes denuncia que non estén recibindo unha guía de actuación.

A ITF demanda unha resposta coordenada tanto na busca dos desaparecidos, como na investigación. Recordan que as causas dun naufraxio son múltiples e que estamos a falar dun sector con eivas nas condicións laborais e con protocolos internacionais de seguridade na pesca que NON están ratificados.

En Canadá seguen os corpos de catro dos mariñeiros peruanos falecidos neste naufraxio. Segundo os familiares, as autoridades peruanas aínda non autorizaron a súa repatriación ó dar positivo en COVID.


No sanitario, boas novas pro sector hostaleiro. Desde esta fin de semana xa non terán que pedir pasaporte Covid pra acceder ós seus locais. Galicia era a única comunidade que aínda o esixía en bares e restaurantes.
 

Decisións que veñen avaladas pola melloría dos datos. As Ucis están xa en niveis previos á sexta vaga, e o total de doentes é semellante ó do día de Nadal.

O que non mellora é a situación da sanidade pública, a tenor das protestas que seguimos recollendo. Na Mariña, os alcaldes e a plataforma en defensa da sanidade publica piden medidas urxentes. Avisan de que as carencias da atención primaria están a colapsar as urxencias do hospital de Burela.

Canto ó tempo, hoxe temos algunhas nubes altas e ceos despexados. As temperaturas chegarán ata os 23 graos en Ourense. O vento frouxo do leste

Non vai durar esta estabiidade, mañá chega unha fronte, pouco activa, que deixará ceos parcialmente nubrados, chuvias febles no terzo norte. As temperaturas máximas baixarán, e o vento sguirá frouxo, ainda que aumentará a súa intensidade co avance do día.

No mar, ventos variables, forza 1 a 3. mar de fondo do noroeste con ondas de ata 3 metros.

Galicia Informativos
Más opciones