O comité clínico reúnese esta tarde con miras a revisa-la situación epidemiolóxica. Pode que algún municipio cambie de nivel, pero non se prevén decisións que afecten a toda Galicia. Non vai haber grandes cambios en canto ás restricións nos vindeiros días.
Sobre a mesa terán os datos da xornada, que reflexan unha leve repunta dos casos activos, anque seguen en niveis semellantes ós de agosto. Ferrol, Santiago e Ourense aumentaron lixeiramente a súa incidencia, mentres Lugo segue por baixo dos 50 casos a 14 días, e baixando.
O conselleiro de Sanidade confirmou ademais que a vacinación con Astra Zeneca se vai reanudarar no punto no que se interrompeu a campaña: nos traballadores esenciais.
No parlamento galego, esta mañá foi admitida a trámite a proposición de lei do BNG para promover a igualdade real na ciencia e na investigación entre homes e mulleres. Unha iniciativa que leva o nome da oceonógrafa Ángeles Alvariño
Os ministros de pesca da UE acordaron prorrogar ata xullo os Tacs e cotas nos caladoiros compartidos co Reino Unido. Os armadores esperan que canto antes se chegue a un pacto definitivo porque a negociación por trimestre impide a planificación da actividade.
En Vigo, Stellantis, a antiga Citroên, quere ter aprobar un ERTE antes de Semana Santa. A medida que é consecuencia da falta dun microchip fabricado en China
A CIG teme os peores presaxios para o estaleiro Barreras.
O cruceiro de luxo Evrima marchou a Santander e a día de hoxe o estaleiro non ten máis pedidos.
O tempo. Continúa a influencia das altas presións