Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/04/21 23/04/2021 50:07

Esta fin de semana vanse vacinar en Galicia a unhas 35.000 persoas máis. O 80% dos maiores de setenta anos xa foron inoculados cunha dose como mínimo, o que redunda na diminución da mortalidade.

Rosa Quintana, que foi a primeira persoa do goberno galego en ser inmunizada, pide ó ministerio de Sanidade que permita a vacinación dos mariñeiros.

O Tribunal Supremo revisará a sentenza que condenou a un veciño da Guarda por roubo con violencia. É firme, está xa na cadea, pero as pegadas e o ADN atopados na escea corresponden con outra persoa.

En 2020 a sinistralidade laboral baixou en Galicia case un 25%. Só se recoñecen 92 accidentes por covid, polo que Comisións obreiras pide que se recoñeza ós empregados esenciais que se contaxiaron no traballo.

Hoxe 23 de abril, cita co libro... As librarías fan un desconto do 5 por cento. Abre a feira do libro de Ferrol, e o salón do libro Infantil de Pontevedra.

O tempo. Ata o domingo van continuar os chuvascos treboentos.

Galicia Informativos
Más opciones