Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/06/21 23/06/2021 49:46

A Xunta agarda que o goberno pacte coas comunidaes esta tarde unha proposta pras novas normas de uso da máscara en exteriores. Feijóo cre que a única condición debe ser que se poida mante-la distancia de metro e medio entre persoas. As novas normas aumentan os aforos e fixan a apertura do lecer nocturno no 1 de xullo.

En Vigo a Autoridade portuaria impide a reparación na antiga Vulcano dun buque de Open Arms. Tiña o permiso da capitanía marítima para acceder ás gradas do estaleiro, pero o porto di que as instalacións non teñen acceso marítimo.

En Pontevedra, CCOO retoma as mobilizacións de traballadores de ENCE en defensa da permanencia da pasteira en Lourizán. Se a sentenza da Audiencia Nacional non é favorable á prórroga, din, Celulosas pechará

Hoxe inaugurouse na cárcere de Teixeiro o módulo de respeto Mixto Nelson Mandela. Trátase dun módulo de preparación dos presos pra liberdade e a reinserción social e laboral que agora tamén acollerá mulleres.

No tempo, pra esta véspera de San Xoan, ceos pouco nubrados ou despexados.

No tempo de entrevista repasamo-la historia social e política de Santiago de Compostela da man dun libro sobre Luis Pasín, que loitou contra a ditadura e foi concelleiro durante máis de 20 anos.

Galicia Informativos
Más opciones