Sanidade non oculta a súa preoucpación polo aumento constante de casos de coronavirus e agarda que as medidas que entran en vigor a vindeira noite axuden a controlalos.
A principal a prohibición de reunións nocturnas de non conviventes terá agardar ó aval do Tribunal superior de Galicia.
A pandemia deixa 1.500 novos contaxios diagnoticados nun só día.
Xa hai 15 mil persoas coa enfermidade e máis de douscentos requiren hospitalización.
Esta próxima medianoite entran en vigor algunhas das medidas aprobadas esta semana polo comité clínico.
36 concellos pasan a estar nos niveis mais altos de restriccións. Agora iso non significa peche perimentral e tampouco que a hostalaría non poida abrir.
No oitavo aniversario do accidente do Alvia, as víctimas volveu pedir unha investigación independente.
Unha demanda que lle trasladaron esta mañá ó alcalde de Santiago. Mañá vanse manifestar desde a estación do tren ata o Obradoiro.
18 pacientes das sete áreas sanitarias foron intervidos na última semana co novo sistema de cirurxía robotizada.
O método, segundo as autoridades sanitarias, é máis preciso e supón menos conplicacións e menor estancia post operatoria dos pacientes.
Un estudo de Abanca pronostica que a economía galega se recuperara antes do previsto.
A mediados do ano que vén moverase xa en indicarores similares aos de antes da pandemia.