Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/07/22 23/07/2022 29:53

Controlar o perímetro dos incendios é a principal labor esta xornada nos lumes que afectan a Galicia. Todo como paso previo a poder declaralos estabilizados xa que non teñen lapas en Valdeorras e o Courel, onde non aumenta a superficie queimada e, unha semana despois, hai de verdade esperanza.

Mentres, as asociacións ecoloxistas insisten en que o uso dos nosos montes nos últimos anos foi errado e que as especies autóctonas son as que teñen que ser as protagonistas. Na oposición, os socialistas galegos urxen ó goberno central esas declaracións de zonas afectadas polos lumes, e critican o que consideran poucos avances da Xunta.

Tamén importante mellora nos datos da pandemia, todos os indicadores están á baixa, destaca ó descenso de hospitalizados un día máis.

E non esquecemos esta fin de semana longa festiva co Apóstolo: repasaremos a situación hoteleira nun dos puntos máis destacados, Compostela, case con plena ocupación.
 

Galicia Informativos
Más opciones