Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/08/21 23/08/2021 30:10

Asistencia masiva na xornada de vacinación dos menores entre 12 e 13 anos. Ainda que nalgúns puntos chegaron formarse ringleiras, en xeral, o proceso foi fluido. En Galicia os chamados nesta franxa de idade son 37 mil.

Xunta e hostaleiros danse un prazo pra fixar os flecos do novo modelo de restricións, con discrepancias sobre o uso da barra, entre outras cuestións. Agardan que poida entrar en vigor en setembro.

Comisións Obreiras vencella as condicións laborais en SUREXPORT coa morte dun traballador de 25 anos en Outeiro de Rei. Faleceu na súa pensión ó termo dunha intensa xornada marcada pola calor. Tiña patoloxías previas que a empresa coñecía.

Irlanda apreixou outro buque galego por supostas infraccións das normas de pesca. Trátase do pesqueiro "Punta Vixía", de bandeira francesa e base en Vigo, retido dende o sábado

Preocupación da Xunta polo baixo nivel dos encoros da confederación Miño-SIl. Anuncian un seguemento exhaustivo pra verificar que se cumpre co caudal ecolóxico.

Activados avisos amarelos pra hoxe e mañá en Ourense e Pontevedra, polas altas temperaturas. Aviso tamén na costa da Coruña polo vento do nordés.

Galicia Informativos
Más opciones