O Cerco do noroeste queda sen cuota de sardiña. Só se permiten dende esta noite a captura accidental. Poderán mercar cuota ó golfo de Cádiz, pero os prezos de subasta non o fan moi atractivo
Primeira sentenza de readmisión a unha tripulante despedida pola folga de Ryanair. Un xulgado de Santiago confirma a nulidade do despedimento, por vulnerar o dereito á folga dunha traballadora durante as movilizacions do pasado ano
Só hai dúas ofertas pra manter en activo a empresa Maderas Iglesias, no Porriño. Os traballadores lamentan que ningun dos candidatos a facerse coa empresa en concurso garanta a totalidade dos empregos
A CIG denuncia que a seguridade dos edificios xudiciais non estará garantida co novo concurso. Aseguran que a dotación de persoal prevista pola Xunta non cubre as necesidades das instalacións as 24 horas e os 365 días do ano.